Saltar para o conteúdo

A figura do/a intelectual (1)

25/10/2011
O pensamento é un ben común, está para tod@s. Nese sentido, entendo que cada un/ha de nós debería coidar do seu desenvolvemento, algo que, sen dúbida, afecta á dimensión social. Como o panorama é ben distinto e, aínda máis, tende a empeorar, igual podemos entender por activismo a protección e difusión das vías de coñecemento que permiten a emancipación dos seres humanos (o que implica unha liberación para o resto dos seres do planeta…). Estes espazos de pensamento probablemente corren moito perigo grazas a esta nova reviravolta do neoliberalismo, pero a responsabilidade de perpetualos é de tod@s. Entón, creo na horizontalidade por posición política e pola súa necesidade para que a muda social sexa real (e nos libre da barbarie).
Rebeca Baceiredo
No comments yet

Deixe um comentário