Saltar para o conteúdo

A figura do/a intelectual (e 5)

10/11/2011

Segundo Bourdieu, a figura do intelectual empeza con Zola e o caso Dreyfus e ten o seu cénit con Sartre e Libération. Así, o mandarín birollo marcaría o final dunha especie; a do intelectual total, aquel que constrúe o seu prestixio intimidatorio cultivando máis dun campo con grande eficacia; filosofía ou letras, na maior parte dos casos, onde gañaría as credenciais que lle permitirían intervir logo nos asuntos da República, na política. Este intelectual acumularía así, finalmente, un grande capital simbólico de procedencia diversa que aumentarían o seu prestixio público e capacidade de incidencia social. Pois ben, a pregunta que nos facemos é: e por que se extinguiron os intelectuais totais? Non val responder que por un proceso de especialización que poría en maior dificultade acadar a excelencia en máis dunha disciplina, pois xa en tempos de Sartre os especialistas dominaban o planeta. Na nosa opinión, o que sucede é que, despois do 68, a esquerda perdeu a hexemonía cultural que parecía pertencerlle de por vida, e aínda non foi quen de recuperala, hoxe por hoxe, e de crear unha nova mística fornecedora daquel carisma perdido. Os tempos son novos, e cento sesenta caracteres non parecen ser o mellor formato para sentar cátedra. Aínda así, estamos certos de que despois desta crise a esquerda volverá a ter moito que dicir, e non será, abofé, Repeating Sartre.

Alberto Lema

Um Comentário leave one →
  1. 12/11/2011 4:26

    Tes razón nunha cousa: 160 caracteres fan un traxe demasiado grande para a túa opinión. Menuda simpleza (antes e despois do 68).

Deixar um comentário

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Modificar )

Imagem do Twitter

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Modificar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Modificar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.