Skip to content

Escriben os androides para musas eléctricas?

06/04/2010

Chámase ISU. Anda sobre rodas e leva tres rotuladores nas mans. Non sabe ler. Escribe poesía.

Creouno o artista portugués Leonel Moura. A súa exploración no ámbito da vida artificial ten dado lugar a proxectos como o de RAP, o robot pintor, ou o Robotarium X, un parque zoolóxico no que se poden contemplar até 14 especies diferentes de autómatas en interacción espontánea. ISU, así bautizado en homenaxe a Isidore Isou, fundador do letrismo, é o robot poeta. As ferramentas, un dicionario composto por palabras de poetas e un modo aleatorio de escolla. O resultado, textos como os que seguen:

Poesia Robótica é unha escolma de poemas escritos por ISU e publicada baixo licenza Creative Commons. Asina a obra Leonel Moura, que non se limitou a dotar de vida ao robot e instruílo nas artes poéticas, senón que se ocupou tamén da compilación e edición dos textos. Nun artigo introdutorio explica que seleccionou os trinta poemas máis “lexíbeis”, pois nalgúns as palabras aparecían de tal maneira superpostas que o desciframento se tornaba imposíbel.

Leonel Moura. Poesia Robótica (ISU). 2009

Non deixa de ser curiosa esta preocupación pola comprensibilidade cando se trata de crear arte aleatoria, arte sen emoción ou consciencia. Pero unha cousa son as intencións declaradas e outra ben diferente, os sentidos que se xeran. Á vista dos poemas publicados neste volume, pensaríase que ISU está programado para producir poesía lírica. Cun depósito de termos preenchido con mar, arbusto, vento, amo, estrela, lua…, por agramatical que sexa a combinación, non hai trebello que dea crebado as liras. E, se a isto se lle engaden elementos como mulher, nua e bela, máis un bo posprocesado ideolóxico, pouca dúbida cabe de que obteremos un poema heterosexista dos de toda a vida. Co encanto dese trazado vacilante e infantil.

No seu xa clásico manifesto, Donna Haraway propuña a figura do cyborg como mito político capaz de superar o imaxinario patriarcal e a sociedade do traballo. Entendido deste xeito, o concepto do posthumano servía como base a unha liña de pensamento emancipatorio, feminista e socialista.

Na ciberutopía de Haraway non habería lugar para o robot de Moura, claro está. O robot de Moura é o típico androide que lle escribe versos á súa musa eléctrica. Pero eles non teñen culpa: prográmaos o diaño.

Anúncios
4 comentários leave one →
  1. 06/04/2010 13:19

    resulta tamén curioso que ISU desfaga a unión de máquina e escritura formal en tipografía para volver á caligrafía ou mellor, para o caso, a cacografía (vamos, que ISU tampouco non sabe escribir).

    • Iria permalink
      07/04/2010 9:36

      Claro. Ao que lle aprenderon é a debuxar palabras, ou letras. Grafismos primitivos de pequeno humanoide na etapa preescolar, cando o acto de escribir é anterior ao significado.

  2. María permalink
    08/04/2010 18:22

    Marabillosamente ben escrito, e nun ton de humor sutil e intelixente que o fai moi agradable ler. Os meus parabéns máis rendidos.
    Eu teño unha pregunta. Que pensar hoxe, a uns cantos aniños da súa produción intelectual, do termo “posthumano”? Non se tratará dunha desas formas de “nostalxia do futuro” máis reveladoras da ideoloxía do capitalismo que verdadeiramente críticas cos seus fundamentos?

  3. Iria permalink
    08/04/2010 23:04

    É unha excelente pregunta, e unha reserva do máis razoábel. Eu creo que hai que separar o trigo do xoio, porque no concepto de “posthumano” confluíron posicións e proxectos extremadamente diverxentes: desde feminismos e movementos LGBT, ecopacifismo, até tecnoarte, bioarte e as súas pólas, etc. Pouco teñen que ver Haraway con Eduardo Kac ou Orlan con Moura, por citar algúns exemplos. De todos os xeitos, dáme a impresión de que o posthumano tenderá a cero, como sucedeu co postmoderno en gran medida.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: