Skip to content

O eco surdo de González-Millán

05/05/2010

Descriçom: O objectivo é avaliar as causas polas que nunca se lhe deu continuidade e aplicaçom decidida ao programa de investigaçom desenhado por González-Millán (1951-2002) para a literatura galega. Trabalhe-se, por exemplo, com declaraçons como esta:

«Remato sinalando unhas áreas de investigación que o estudioso dun sistema literario periférico e marxinal non pode descoidar, e moito menos, condenar ó silencio. Un primeiro ámbito estaría representado polas condicións materiais e institucionais da producción e da recepción do discurso literario; un segundo ámbito corresponderíalle a tódolos aspectos relacionados coa recepción dos textos literarios, que no contexto dunha experiencia de marxinalidade adquire unha especial complexidade (…); a identificación dos sistemas de codificación (lingüística, estética e ideolóxica) configurarían unha terceira área de estudio; e finalmente, a dinámica intertextual, que define un novo espacio de investigación e obriga ó historiador a reformular determinadas concepcións sobre fontes e influencias. A aplicación dun programa semellante á literatura galega esixiralle ó historiador a dobre capacidade de responder ó desafío dun novo paradigma discursivo, e de articular criticamente a experiencia do silencio cultural e os múltiples condicionamentos derivados da dependencia institucional» (Xoán González-Millán, “A configuración historiográfica dunha literatura marxinal”. Actas do I Congreso Internacional da Cultura Galega, 1992).

Avalie-se, para além, a responsabilidade que se podería adjudicar a estruturas departamentais e institucionais, e às dinámicas de trabalho, mérito e parálise por elas assumidas.

Para nota: Aventure-se qualquer hipótese sobre a responsabilidade que a leitura de González-
-Millán
na década de 90 provocou na extensom quase geral do termo “sistema literário galego”. Também, malgré lui, do seu uso incoseqüente, por exemplo como mero substituto de “literatura galega”.

Anúncios
One Comment leave one →
  1. María permalink
    26/05/2010 15:11

    “Eco xordo”: unha fermosa metáfora para falar do que aconteceu e do que acontece co pensamento González-Millán. Moi ben traída a nota: quizais non se trata tanto de que o seu traballo non foi continuado como de que foi (deliberadamente?) malinterpretado. Sabemos que todos os procesos de continuidade implican malentendidos, mais tamén é certo que que “entender mal” esixe unha responsabilidade por parte de quen mal-interpreta.
    Parabéns pola entrada.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: