Skip to content

Antón Lopo, a inscritura, o corpo en metonimia (por Arturo Casas)

25/05/2010

[Quantas letras para um rio inaugura, com este post, umha nova secçom que pretende disponibilizar para o público geral materiais inéditos de distinto tipo (artigos, textos só difundidos oralmente, etc.)]

Diferenciarse (e esquecerse) dun mesmo a través dunha contemplación que non pode obviar aquel principio da ironía, desdobrador e destrutor, que Giorgio Agamben formula así en relación coa subxectividade artística a partir de Nietzsche: o home sen contido. Pensar á marxe de toda dialéctica, todo binarismo, toda xerarquía. Suxeito e obxecto, actividade e pasividade, vixilia e soño, orixe e télos, natureza e técnica, repertorio e ruptura: non. Percurso aínda desa horizontalidade non radial, sen centro. O discurso, a forma, o xénero, o corpo, o sexo, a voz.

Mon Escuredo. El Correo Gallego.

Percurso entre os idilios de Teócrito e o body / land art non como extremos, no mesmo escenario. Non como extremos o verso e a prosa, a sensualidade e o conceptualismo, o rito e a razón, o pre(-)texto e o texto. Medirse na tal horizontalidade fluvial, tantas e tantas veces metamórfica, na presenza e na ausencia en tanto continuum non simultáneo, esteroscópico, no estar e no ficar apenas en canto sombra, pegada, rasto…, tamén finximento, disfrace. E medir con voz e corpo propios, co silencio e a sombra de seu —como un sonar— os espazos inmediatos. Todos os espazos e un en particular, o da alteridade multiplicada (a realmente allea e a inscrita no eu, a centrifugada, a extirpada). Medilos sen indagación de orixes. Eis un novo continuum que transcende ao eu e flúe ao ti, dióscuros só pronominais, máscaras intercambiadas. Igual que o signo da (in)mortalidade nos fillos xémeos de Leda. Vale a pregunta:para qué atender ao resto, aos outros signos?

Con Antón Lopo, coa súa produción textual vista en canto obra, pode resultar contraproducente a habitual cesión á fábula-engano da traxectoria persoal, en particular se no relato abrocha o cálculo explicativo ou previsor da vontade, a procedencia ligada a un nome propio e á paisaxe institucional, toda a maquinaria da función-autor que ata e simplifica a identidade individual e que facilita o comentario (tamén o sociolóxico).

Para continuar a ler: Texto íntegro

Anúncios
No comments yet

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: