Skip to content

Contra a nostalxia (por Daniel Salgado)

08/06/2010

Cepillar a historia a contrapelo era a tarefa que Walter Benjamin consignaba para o historiador. Digamos: despeitear a versión oficial dos acontecementos. Cando Ricardo Gurriarán explicaba que a maior dificultade para redactar Inmunda escoria, o seu retrato da universidade dos vencedores da Guerra Civil, procedía da negativa do Estado español a abrir segundo que arquivos, confirmaba que na superficie capilar desta historia aínda se notan os espantos depositados polo franquismo. Tampouco ningún dos satisfeitos modelos da fotografía reproducida na páxina 273 deste libro –Reunión anual de antigos membros do SEU, 2009– parece querer expoñer a súa perspectiva dun tempo maiormente ominoso. E iso malia habitarmos un país onde quen asinou a pena de morte para Julián Grimau se inviste como demócrata avant-la-lettre. Talvez a seguinte cuestión á que o historiador do contrapelo Ricardo Gurriarán se deba enfrontar consista en determinar que lugar político e de pensamento ocupaban os  5.000 alumnos da Universidade de Santiago de Compostela que non se pecharon na Facultade de Historia.

Ningún deles figura en 1968 en Compostela. 16 testemuños. O profesor reaccionario, o sindicalista do SEU, o policía secreto, o informante da comisaría de Armada, as correas de transmisión de Falange dentro da academia, os apáticos, os apolíticos, os inactivos, fican ausentes destes fragmentos de memoria. Nin sequera o troianismo –da Casa da Troya, sinala Tuco Cerviño– como ideoloxía realmente dominante na universidade dos sesenta ocupa aos participantes. Ao cabo, só se explica a hexemonía social que atinxiu o réxime franquista se aceptamos a existencia de algo máis que comunistas, nacionalistas ou cristiáns progresistas naqueles días de viño, medo, guateques, detencións e catolicismo armado. Pero no poliedro aquí trazado comparecen unicamente os daquela rebeldes, os que intuíron as liñas de fuga nunha realidade monolítica.

Para continuar a ler: Texto íntegro: Contra a nostalxia

[Este texto foi lido na apresentaçom de 1968 en Compostela. 16 testemuños, celebrada no Paraninfo da USC 0 28 de Abril de 2010]

Anúncios
No comments yet

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: