Skip to content

Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural. Notas bárbaras

05/07/2010

Hai excepcións. Non sempre se perverten catro conceptos sistémicos elaborando manuais de planificación cultural en termos de mercadotecnia para principiantes. Esta excepción titúlase Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural e foi presentado na festa de noveno aniversario do Cineclube de Compostela. Asinan Alberte Pagán, Alberto Lema, Aurelio Castro Varela, Belén Gopegui, CSO Casa das Atochas, Cristina García Parga, Cristina Martínez, Daniel Salgado, David Rodríguez Rodríguez, Gonzalo Pallares, Iria Sobrino Freire, Isaac Marrero Guillamón, José Manuel Sande, Lara Rozados Lorenzo, María do Cebreiro, Mario Regueira, Marcos Pérez Pena, Miguel Prado, Ramiro Ledo Cordeiro, Samuel Solleiro, Xesús González Gómez e Xiana Arias. Abre Isaac Lourido (“Para umha filologia política da resistência cultural”) e pecha Slavoj Žižek (“A resistencia é rendición”, tradución de Daniel Salgado do artigo inicialmente publicado na London Review of Books).

Cineclube de Compostela (ed.). Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural. 2010

Cristina García Parga: “Pensar é hoxe un acto de resistencia”.

Tampouco todo é fútbol. Nin facemos tod*s parte do equipo local. Quizais a maior virtude deste libro sexa a desorde, deriva dunha formulación inicial con táctica de guerrilla, que conseguiu facer estourar en diversas direccións un concepto de cultura secuestrado sen tregua pola orde institucional. Contra o consenso, o catálogo, as redes temáticas e as inercias gremiais, propiciouse nesta proposta en torno á inestabilidade de significados de “resistencia cultural” unha abordaxe amplificadora, non constrinxente, das posibilidades de acción e reflexión en diversas esferas (cinema, poesía, teatro, espazo público, novela, rede, manifesto, pensamento, historia, organización, feminismos, intervención, nacionalismos, teoría). Non xéneros, non disciplinas.

José Manuel Sande (con Brian Holmes): “Non é tan difícil de facer; é cuestión de tomar conciencia das posibilidades actuais de produción e distribución, que son cada vez máis baratas, e de mobilizar a cooperación de todas as persoas que están interesadas e de todas as redes paralelas”.

Si é doado realizar unha lectura deste conxunto de textos atenta a elementos converxentes:

1. A inclinación cara ao exercicio teórico-crítico, entendido como ferramenta de transformación política fundamental para este grupo de persoas, novas na súa maioría.

Cristina Martínez: “A consigna é: provocar fisuras na máquina capitalista”.

2. A clara implicación, EN CONSECUENCIA, destas persoas no activismo político-cultural e o carácter, polo tanto, transcendente da súa praxe.

Iria Sobrino Freire (con Foucault): “A teoría é unha práctica, que loita contra o poder, loita para facelo aparecer e bater nel onde é máis invisíbel e insidioso. Unha teoría é un sistema local da loita: designa os núcleos de poder, denúnciaos, fala públicamente deles. Esta forma de loita constitúe a primeira inversión do poder”.

3. A preocupación pola elaboración de formas discursivas autónomas e a análise crítica de certas retóricas procapitalistas e antiemancipadores asumidas e recicladas pola esquerda e polo nacionalismo (incluso).

Marcos Pérez Pena: “O nacionalismo galego non posúe potencial revolucionario ningún, camiña cara a unha maior desideoloxización acentuando o seu carácter conformista e pequenoburgués”.

4. A concepción da arte como medio de adquisición de consciencia política, en primeira instancia, e a superación do vello debate ética/estética en favor da análise das formas, os repertorios e os modos de produción.

Isaac Lourido: “Trata-se, em definitivo, da conceptualizaçom dumha vanguarda artística e cultural que, nos seus vínculos com programas e processos de vanguarda política, reconheçam o seu carácter resistente na alteraçom e reapropiaçom dos mecanismos de produçom simbólica que importam à comunidade”.

5. A adopción dunha estratexia común que semella inspirada, por exemplo, na deleuziana minorización . Non digan máis, por favor, que este libro é modesto polo seu formato; é que nel “non funciona a lóxica totalizadora do mercado e si a procura de liñas de fuga, de tentativas de sedición” (Ábrano e lerán isto no seu interior).

María do Cebreiro : “Non resiste quen quere, senón quen pode”.

(Arrepiante).

Anúncios
3 comentários leave one →
  1. 07/07/2010 8:51

    e onde podo fazer-me com o volume?

    • letras para um rio permalink*
      07/07/2010 10:03

      Segundo se indica no blogue do Cineclube de Compostela:
      “Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural pódese conseguir nas proxeccións do Cineclube de Compostela, nos postos de venda de Estaleiro Editora, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, na libraría La Central de Barcelona ou enviando un correo cineclubedecompostela {arroba} gmail {punto} com”

      Saudaçons

Trackbacks

  1. Cineclube de Compostela » Non conciliados (4). Poéticas da resistencia

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: