Skip to content

Tres alicerces para un pensamento tipográfico crítico (por Xosé Carlos Hidalgo)

13/07/2010

Os escribas caeron no pasmo. / Este non era o arquivo xerárquico para o cal / escrituraran o acceso. Era algo / moito máis asombroso: un seixo opaco na herba. John Ashbery

Estas notas redactáronse ao pé da intervención «Visita ao Panteón Tipográfico», acontecida o día 23 de abril no Ciclo Escrita(s) da Galería Sargadelos d’A Coruña á que xenerosamente me convidou Claudio Pato e para a que se propuxo «percorrer o espazo que garda os anacos da historia da escritura formal –da tipografía pero tamén e inevitabelmente da caligrafía e da rotulación– que nos axudan a explorar o trazo que compón as letras, o espazo entre as letras, a palabra e o texto como lugar de articulación entre nós e o outro. Á saída, pensar os sistemas de escritura artificial como instrumentos de normalización pero tamén de estrañamento».

Despois desta experiencia, da que se me reclamou unha síntese que agora sería incapaz de realizar, gustaríame propoñer tres alicerces moi sinxelos sobre os que debera descansar calquera pensamento tipográfico crítico:

A intervención que antecedeu estas notas titulouse así pensando o panteón tipográfico como espazo onde se deposita o material, unha tecnoloxía inerte até que o arquivo a reclama para invocar o texto, mais tamén hai unha homenaxe ao libro titulado Pequeno Panteón Portátil de Alain Badiou ou máis ben un reclamo para pensar a especificidade da tipografía dende un territorio excéntrico do deseño gráfico. A Historia da Tipografía adoece, con tibias excepcións coma a Tipografía Moderna de Robin Kinross, de ser unha historia formalista, sustentada no que Bejamin Buchloh diagnostica «transfromación das súas funcións históricas en atributos estéticos».

Que é a tipografía? Primeiro: non confundir coa escolla na pestana que despregamos no procesador de texto dunha das fontes tipográficas que temos almacenadas, isto é só unha parte da práctica tipográfica. A tipografía é unha entre varias das tecnoloxías que permiten a composición de textos a partir de pezas independentes non articuladas (primeiro de chumbo e despois en diferentes materiais até os actuais sistemas baseados na tecnoloxía postcript). Entendemos ademais a tipografía como o instrumento para entender o libro moderno, o códice tipográfico, un eixo de simetría arredor do que se dispón a mancha tipográfica que se expande sobre o papel e que determina o seu espazo –o espazo do papel–. Dende a hexemonía do libro, a tipografía estende a súa influencia a todas as outras manifestacións da escritura, reclamándoas e reubicándoas na súa materialidade.

Na busca dunha práctica tipográfica válida, urxe a articulación dunha relación entre a tipografía e a escritura que entenda (e transcenda) a ecuación función-forma (e o seu corolario disxuntivo: expresividade vs. transparencia, que dende o reformismo británico de principios dos XX e a Bauhaus se estabeleceu como patrón rexedor desta xuntura) como o trasunto formalista do que Hal Foster explica como «un salto cualitativo dunha economía política do produto a unha ‘economía política do signo’, na cal as estruturas da mercancía e do signo se revitalizaron mutuamente, de xeito que as dúas podían circular como unha, como produtos imaxe con ‘valor de cambio en canto signo’, tal como fan no noso tempo».

Anúncios
No comments yet

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: