Skip to content

a propiedade privada é un roubo. trece notas (por daniel salgado)

02/09/2010

I

as conclusións da última xuntanza en londres do autodenominado g-20 evitan a palabra capitalismo. falan de «economía mundial» e así procuran abrogar a posibilidade de pensar outra organización do modo de produción e das relación que del se derivan. contra esa variante da corrupción da linguaxe actúan, tamén, os poemas de non son de aquí. «o mapa» –cito– «dunha lingua sen exército», textos que certifican a necesidade dunha vida non administrada:

II

o poema enfronta, sempre, a corrupción da linguaxe:

III

a autora reivindicaba, en entrevista con ana salgado, unha nova división do sensíbel. por volver a jacques rancière, o poema orixina porvires imprevistos. «no fondo, non hai nada / que non poida evitarse». a escrita como refutación da pertenza. antes de 2008, joseba sarrionaindia titulou un libro non son de aquí. maría do cebreiro sábese feliz coa coincidencia. para james joyce, irlanda era una mierda:

IV

bertolt brecht, en anotación do seu diario (1920): «a linguaxe está aí para condenar os feitos. este é o seu único papel»:

V

as nacións con estado non teñen vento. nada importa menos en non son de aquí que a delimitación das cousas: trátase de eliminar o fórceps do real, do que existe. a vida é o que se vai perdendo e daquela non se escribe para reter ningún obxecto: escríbese por aprendermos a vivir no intersticio:

Para continuar a ler: a propiedade privada é un roubo. 13 notas (texto íntegro)

[Apresentaçom de Non son de aquí de María do Cebreiro na livraria Couceiro de Compostela em Abril de 2009]

Anúncios
No comments yet

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: