Skip to content

Conversa con Mariano Lisa

14/10/2010

A nosa idea inicial era facer unha triloxía: o campo, a cidade e o bairro. O campesiñado, o obreiro industrial e os bairros populares. Dentro dese proxecto O campo para o home pretendía ser un ensaio xeral da situación agrícola en España, baseándose en libros amplos como os de Ramón Tamames. Queriamos filmar todos os niveis do campesiñado, dende o máis explotado de Galiza ou Andalucía, até o campesiño medio que podía vivir ben, como ocorría en zonas de Catalunya. Porén, as nosas limitacións económicas, provocaron que nos limitásemos ás zonas nas que estaba peor o campesiñado, é dicir o minifundio galego e o latifundio andaluz (…).

Na universidade puxéronnos en contacto cun cura da zona de Arzúa, Primitivo García paréceme que se chamaba, que era un santo. Por aquel entón en Barcelona había curas obreiros que sabían máis de marxismo que algúns comunistas, lían O Capital e estudábano… Este non, era un cura de aldea, un home que vivía co seu pobo, ao que lle doía a súa situación e estaba disposto a contribuír no filme. A maioría das tomas e as entrevistas son, por tanto, de zonas próximas a Arzúa, onde a xente era moi acolledora e hospitalaria.

***

Fragmentos da entrevista a Mariano Lisa, realizador -junto com Helena Lumbreras- do filme O campo para o home (1973). Para continuar a ler: Conversa con Mariano Lisa (texto íntegro)

[Este texto viu a luz na publicaçom O campo hoxe, repartida em ocasiom da jornada do  mesmo nome organizada polo Cineclube de Compostela e a Asociación Ánxel Casal em Arçua o 9 de Outubro de 2010]

Anúncios
No comments yet

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: