Skip to content

Vamos á pulpería porque cremos na liberdade

26/11/2010

 


Fai tempo que está vendido pero eu non sei que pasa
que a xente namais que chora cando veñen as desgracias
Fluzo

Xa veñen avisando. Ao falarmos de Fluzo debemos de esquecernos, como eles mesmos nos informan, dos tópicos. Dous vellos coñecidos forman parte do proxecto: por un lado Javier Álvarez, músico afincado en Barcelona adicado á experimentación electrónica e ao reciclaxe musical, ben agochado baixo nomes como Néboa ou Bravido, ou ben formando parte de grupos como o Dúo Cobra. Ao seu carón atópase Hevi, un pioneiro coa cabeza sempre metida en interesantes e arriscados proxectos, por poñer exemplos: Non Residentz, ou os intrépidos Malandrómeda.

Xuntos danlle forma a un vinilo gravado xa no ano 2008 e editado neste 2010, no que a experimentación nas bases dálle a man á audacia do cantar do Hevi. O resultado é unha sorte de hip hop mutante e vangardista que traballa nas marxes.

Xoguetes electrónicos manipulados, consolas portátiles, vellos computadores e teclados conviven con instrumentos artesanais nunha bases que foxen dos esquemas preconcibidos, renegando dos estereotipos e obviando os clixés. Como o propio Javier declara ao respecto dos seus proxectos, a súa intención é interferir no código, alteralo para subvertelo; mesmo antes que buscar a súa propia destrución. Velaí a estratexia.

Pola súa parte, o Hevi pasa por ser un dos mellores mc’s da actualidade. Sempre acompañado de Charles Bronson, goza dun estilo inconfundible, unido a unha grande orixinalidade no tratamento dos textos, nos que mistura melancolía, certo existencialismo e unha crítica social nada domesticada.

A subversión dos formatos e a súa clara aposta pola libre e gratuíta distribución da música pon ás claras politicamente o seu compromiso coa creatividade, a orixinalidade e a emancipación cultural.

Anúncios
2 comentários leave one →
  1. 24/02/2011 22:30

    Tenho sorte por ter encontrado esse texto, muito bem explicado!

  2. Vai e ven permalink
    22/01/2013 16:04

    Os Fluzo son a maior esperanza de renovación do hip-hop xa non galego, estatal diría eu. Dous rapaces de Compostela, e mirade o que andan a facer, un orgulho!!!!

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: