Skip to content

Vozes dissonantes. Recital poético (3)

24/03/2011

No sentido en relación co cal creo ser interpelado, paréceme que a palabra “recital” sexa hoxe un fraco eco histórico, un truco oco que non se sabe ben como despachar e que anda rebotando por aí no pinball das liturxias vellas. Este vocábulo, que creo que puxeron en circulación algúns poetas británicos do século XIX e que prendeu logo nos hábitos sociais dos franceses, ten hoxe na lingua viva da xente un sentido peculiar. Funciona sobre todo como complemento directo do verbo “dar”, precedido o substantivo polo indeterminado “un”, e aplícase a prácticas corporais diversas —deportivas ás veces, eróticas outras—, a propósito por exemplo dos movementos dun individuo como Iniesta sobre o campo de xogo ou das posturas sexuais propias do catálogo dun peepshow ou dunha película porno sobre campo de plumas. “Dar un recital” vén sendo así un exercicio de capacidades, un repertorio na montra que todo espectáculo enmarca para goce máis ou menos pasivo de espectadores entre burocratizantes e manumitidos a tempo parcial. Un recital poético ten moitísimo que ver co corpo e coa liberdade tamén. Co corpo e coa voz (e a liberdade). Co corpo e os seus movementos, acenos, ruídos (e liberdade). Ten que ver coa acción que unha certa figura executa perante un público. Isto fai que haxa recitais e recitais, do mesmo xeito que hai voces e voces, acenos e acenos, ruídos e ruídos, liberdades e liberdades. Na miña percepción das cousas, un recital propende a ser peor e menos carente de sentido cantos máis actores interveñan e canto máis restritiva sexa a marxe de manobra que quede para a entropía. Presta escoitar á poeta na súa acción ou intervención pública se non se limita a dicir ou a re-citar o texto sabido, se fai que este se perciba en tanto discurso que discorre, se considera en todo instante a quen se está a dirixir, se se trabuca e resulta imperfecto o acto de errar, se esquece o básico e prende no accesorio, se logra obxectivarse e se sabe funxíbel e asemade imprescindíbel para o momento aquel, se hai preámbulos e apostilas aleatorios ou se esperándoos toda a xente resulta que non os houbo e aparecen só a caligrafía ou o berro inesperados. Presta iso malia todo se a intervención acabar en actividade autoinmune e un sae ao exterior de si como os cativos no cinema de aventuras: crendo que a linguaxe produce mundo e produce axencia. Claro que, ben pensado, a isto é ao que ultimamente chamades per-for-…-qué.

Arturo Casas

Anúncios
No comments yet

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: