Skip to content

Vozes dissonantes. Recital poético (5)

01/04/2011

Ao mellor, e só digo «ao mellor», alguén, tras un concerto de The Clash ou similar (comoquirades), foi correndo a unha tenda ou similar para mercar as partituras das súas cancións. Ao mellor iso funcionou. O proceso inverso existe? O camiño da receita á execución debería servir para algo? Funciona? A poesía do directo e mais a poesía dos tempos mortos, das estacións de tren e das cadeiras incómodas (ou moliñas, que tamén as hai) son a mesma? Non pode, non debe e non queremos que sexa así. Se un recital non achega o que non estaba escrito, non funciona e non o queremos. É a diferenza que reside necesariamente, e dun xeito sumamente lindo, entre o coito e a masturbación: mecanismos ambos os dous dunha idéntica procura substancial que sucede e se executa mediante distintos rituais. A poesía, como ben sabemos, é unha procura (quen pode asegurar que lle gusta a poesía?) e todas e todos asumimos que, a día de hoxe, por cada recital que paga a pena, hai outras vinte iluminacións vacuas e outras palabras que riman con excelso e punta punta tacón.

Samuel L. París

Anúncios
No comments yet

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: