Skip to content

Políticas culturais na Galiza (da última década) (5)

23/05/2011

Na resaca (real e figurada) do 22-M resulta difícil pensar con xeito nos conceptos política e cultural por xunto e por separado. En calquera caso, convén reflexionar sobre o que pasou para prever o que aí nos vén (se é que non era xa). E dialogarmos. Daí que vou aproveitar dúas categorías desenvolvidas aquí por Sabela Pato e Antonio Doñate: a obra da Obra, que mellor quedaba en español, e o Modernillo, que mellor quedaba en alemán. E así son, como categorías, unha representación posible do residual e do emerxente que Raymond Williams pensou ao fío do desenvolvemento dunha cultura. Temos, dunha banda, o Luar e a momificación disfrazada de antropoloxía e, doutra, esa falsa modernidade propiciada por festivais de música por ordenador e o multimedial, como o alcohol, causa e solución de todos os problemas.

E, no medio, a zona morta. Aí onde deberá estar o dominante. Cando menos unha xeración perdida –os 16 anos da era Fraga coinciden case exactamente cos 15 que constitúen unha xeración artísitica, disque– na que hai obras pero non políticas, a penas lapelas e correntes cun sentido e duración moi estreitos. Desde unha resistencia que demostra a diario que é a única política cultural posible.

Marta Pérez Pereiro

Anúncios
No comments yet

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: