Skip to content

O vocabulario da resistencia

16/06/2011

[blip.tv http://blip.tv/play/AYKrqE8C%5D

Sábado 16 de abril de 2011, 18.00 horas, máis de 100 antidisturbios e 15 furgóns policiais só no Campo da Leña da Coruña, “escoltan” a manifestación convocada para protestar contra o recente desaloxo da Casa das Atochas. O vocabulario da represión.

NON PODERÁN DESALOXAR OS NOSOS SOÑOS

3 anos antes, o 14 de marzo de 2008, diversas persoas integrantes do proxecto “A Cultura Preokupa” entran nun inmoble ubicado na rúa Atocha Alta, no barrio de Monte Alto, barrio que leva anos sufrindo un duro proceso de xentrificación e de especulación inmobiliaria e urbanística.

Trátase dun local que leva anos abandonado, sendo propiedade do construtor inmobiliario Pérez Paz, un dos responsables e beneficiarios deste proceso que asola o barrio, coñecido ademais polos seus “métodos” pouco éticos, que teñen amendrentada a veciñanza do barrio.

Nos tres anos seguintes este espazo convertirase nun laboratorio social, un dos centros de produción cultural máis importante do país e un foco de desobediencia e resistencia social e política .

En homenaxe ás mulleres da resistencia anarquista asasinadas no ano 1937 pola Guardia Civil no número 55 da propia rúa Atocha Alta será bautizado como A Casa das Atochas.

OS NOSOS SOÑOS TAMPOUCO CABEN NAS SÚAS LEIS

Autoxestión, anticapitalismo, cultura libre, asemblearismo, horizontalidade, experimentación e creatividade son as palabras de orde na Casa.

O propio proceso de funcionamento da Casa, a través de asembleas abertas, sen artificios nen lucro, na que nós propios producimos e autoxestionamos, rompendo o rol de meros espectadores, parece mostrar ás claras unha alternativa ao sistema da produción cultural dominante.

Durante estes tres anos sucedéronse centos de accións e actividades rebeldes, propondo alternativas de resistencia en base á construción de movementos que converteron a Casa nun referente do activismo político e cultural. As numerosas palestras, concertos, obradoiros, xantadores sociais ou proxeccións son só unha pequena parte das actividades da Casa; que non ficaban somentes no seu interior, senón que tamén tomaban a rúa. Na procura dunha cultura libre, autoxestionada, anticapitalista, activa, que loita polo Común.

Esta loita viuse ameazada polo proceso especulativo que sufre o barrio de Monte Alto, e un PXOM (recorrido en varias ocasións), que ten o obxectivo de borrar a memoria da dignidade do barrio e especular co seu solo. Os vellos veciños foron expropiados e expulsados a precios risibles e as casas derruídas.

A Casa das Atochas non puido permancer á marxe desta espiral urbanística demente. Tras meses funcionando coa ameaza da orde de desaloxo finalmente ditada o 23 de marzo, o 12 de abril a Casa non só é desaloxada senón que tamén derruída. Tentando borrar así as mostras da dignidade e a resistencia da cidade da Coruña.

A PROPIEDADE É UN ROUBO

Mais a historia das Atochas non remata aquí, acaba de comezar.

É o vocabulario da resistencia.

Anúncios
No comments yet

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: