Skip to content

A figura do/a intelectual (4)

07/11/2011

Algunhas palabras permanecen no uso cotián aínda cando o seu significado mudou, é unha característica preguizosa da linguaxe moi ben aproveitada polos discursos de poder, debido á necesidade deses discursos de facer os conceptos manipulables (confusos). O termo intelectual aparécesenos no presente como algo desgastado, ambiguo e mesmo do cal desconfiar, pero permanece e de cando en vez xurde na nosa fala e na nosa escrita, aínda que ninguén queira para si o apelativo. Parece que é preciso recorrer á palabra intelectual para referirse ao suxeito ou autoridade do pensamento crítico ou que move á acción.

Xa non gustamos da palabra intelectual pero seguimos a pensala, entón ou nos desfacemos do seu uso definitivamente ou haberá que recuperalo para o pobo como tantas cousas que nos quedan por recuperar. Non debemos deixar que pense por nós ningunha figura intelectual nin abstracta nin concreta: reclamemos o ente intelectual para o pobo. Sexamos ao mesmo tempo intelectuais e a audiencia que os certifica como tal, en definitiva, establezamos unha dialéctica intelectual entre iguais. Que elabore os discursos quen os faga efectivos e se admitimos a existencia dunha caste intelectual esta debe identificarse (non só combinarse) coa acción colectiva.

Cristina García Parga

Anúncios
No comments yet

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s

%d bloggers like this: